Pandeireta

En nossas aulas de pandeireta poderás aprender todo sobre este instrumento. Por un lado, traballamos todos os ritmos da tradición galega (muiñeira, xota, pasodobre…) e as súas variantes rítmicas.

O repique da pandeireta non se entende sen o acompañamento vocal, sostendo o patrimonio oral da nosa tradición, polo que as clases tamén están dirixidas ao canto tradicional, que realizamos de maneira coidadosa, con quecemento e unha técnica específica adaptada a cada persoa.

Estas clases comezaron no curso 23/24, polo que este ano 24/25 contaremos con dous niveis para unha maior adaptación ao nivel do alumnado.

Horario:

  • Intermedio: mércores de 20:30 a 21:30
  • Iniciación: por determinar
  • Profesor: Manuele Pardo
Clases de pandereta

Ao día con nós

10 sinais de que o teu fillo necesita reforzo escolar

10 sinais de que o teu fillo necesita reforzo escolar

Sinais iniciais de dificultades de aprendizaxe Baixo rendemento académico Un dos primeiros sinais que poden alertar a pais e educadores sobre as dificultades de aprendizaxe é o baixo rendemento académico. Se a túa fillo ou filla está a obter notas que non refleten o...

Rosalía de Castro, pioneira da literatura galega

Rosalía de Castro, pioneira da literatura galega

Rosalía de Castro é unha das figuras máis emblemáticas da literatura galega e española do século XIX. A súa obra, escrita tanto en galego como en castelán, marcou un antes e un despois no rexurdimento cultural galego, situándoa non só como unha pioneira literaria,...

Comeza

Novas

Vos opinades

As marías academia, espazo cultural

Somos As Marías. A túa academia de reforzo escolar e tamén un espazo cultural de referencia en Conxo.

LOCALIZACIÓN

Rúa de García Prieto 1, bajo 1, 15706
Santiago de Compostela – A CORUÑA

ESTAMOS EN:

Ir o contido