A academia: clases particulares

Reforzo educativo para Primaria, Secundaria, Bachillerato e outros

Tendo en conta as capacidades e características individuais do alumnado, ofrecemos dúas opcións de reforzo educativo:

Individual: unha das nosas docentes traballará de maneira personalizada e exclusiva cunha soa persoa por aula. Para iso, contamos con espazos diferenciados onde poder traballar.

Grupal: prestarase a atención e o apoio necesario en grupos reducidos de, como máximo, 5 alumnos/as.

Tarifas aplicables

Estableceranse segundo a concreción horaria e o servizo demandado, de maneira mensual para o alumnado habitual e con tarifas para días soltos en actividades puntuais.

¡CONSÚLTANOS PARA ENCONTRAR A MELLOR OPCIÓN!

Metodoloxía

A nosa metodoloxía baséase nun plan de estudos individualizado que prioriza as necesidades do alumnado, buscando unha adaptación total.

O noso traballo céntrase en reforzar os contidos con clases particulares, prestando especial atención ás áreas de maior dificultade, ofrecendo apoio nos traballos académicos e proporcionando as ferramentas e a preparación necesarias para superar probas e exames.

Para iso, contamos cun equipo docente con ampla formación e experiencia en docencia e metodoloxías de aprendizaxe, capaz de detectar as necesidades individuais do alumnado. Ademais, dispoñemos do equipo e dos recursos didácticos necesarios para acompañar o proceso de aprendizaxe.

Clases particulares en Santiago de Compostela

Cursos

Clases particulares primaria

Primaria

Apoio e reforzo en todas as materias, traballando de forma pedagóxica e dinámica para que os nenos e nenas non perdan a motivación de seguir aprendendo.

Clases particulares secundaria

Secundaria

Contamos con profesorado especializado nas materias de cada ámbito.

Clases particulares bachiller

Bacharelato

Do mesmo xeito que nas demais etapas, dispoñemos dun equipo docente formado para impartir as catro modalidades: Artes, Ciencia e Tecnoloxía, Humanidades e Ciencias Sociais, e a modalidade Xeral.

Otras formaciones

Outros

Ademais, ofrecemos a posibilidade de preparar de maneira independente as diferentes probas de acceso, como a ABAU, o acceso a ciclos de grao medio ou superior, ou o acceso á universidade para maiores de 25 anos.

Ao día con nós

10 sinais de que o teu fillo necesita reforzo escolar

10 sinais de que o teu fillo necesita reforzo escolar

Sinais iniciais de dificultades de aprendizaxe Baixo rendemento académico Un dos primeiros sinais que poden alertar a pais e educadores sobre as dificultades de aprendizaxe é o baixo rendemento académico. Se a túa fillo ou filla está a obter notas que non refleten o...

Rosalía de Castro, pioneira da literatura galega

Rosalía de Castro, pioneira da literatura galega

Rosalía de Castro é unha das figuras máis emblemáticas da literatura galega e española do século XIX. A súa obra, escrita tanto en galego como en castelán, marcou un antes e un despois no rexurdimento cultural galego, situándoa non só como unha pioneira literaria,...

Comeza

Novas

Vos opinades

Google
Jacobo Abeijón Lojo profile picture
Jacobo Abeijón Lojo
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5
Google
Alba Quintáns R profile picture
Alba Quintáns R
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5
Google
Soraya Pinheiro profile picture
Soraya Pinheiro
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5
Un trato excepcional, Toña e Celeste son encantadoras e os seus talleres, moi interesantes. Danlle vida a Conxo
Google
alba AS profile picture
alba AS
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5
Llevé a la peque durante el verano. Lo pasó genial e iba encantada. Las recomiendo totalmente
Google
Juana Vigo Leston profile picture
Juana Vigo Leston
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5
E o segundo curso que vai estar na academia e está encantanda, mói boa atención. Recomendable 100%
Google
Cristina Piñeiro Rial profile picture
Cristina Piñeiro Rial
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5
Google
Virginia Lustres Pérez profile picture
Virginia Lustres Pérez
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5
Google
Sara Vázquez Iglesias profile picture
Sara Vázquez Iglesias
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5
Google
Cris profile picture
Cris
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5
Espazo cultural muy recomendable 💯
Google
María Baliñas profile picture
María Baliñas
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5
Quedé encantada con la academia, las profes son encantadoras, atención personalizada y flexibilidad de horario. Recomendable 100%. Mi hijo iba encantado y siempre hablando positivamente de las profes. Este curso volveremos sin dudarlo. Muchas gracias por todo chicas!!😍😍😍
As marías academia, espazo cultural

Somos As Marías. A túa academia de reforzo escolar e tamén un espazo cultural de referencia en Conxo.

LOCALIZACIÓN

Rúa de García Prieto 1, bajo 1, 15706
Santiago de Compostela – A CORUÑA

ESTAMOS EN:

Ir o contido